mércores, 13 de decembro de 2017

O HOME LOBO

Na miña aldea tódolos anos bisiestos, o día vinte e nove de febreiro, aparécese un home lobo, non se sabe de onde ven, nin onde se agocha durante o resto do tempo. Murmuran os vellos e as vellas que durante eses catro anos está como as cobras no inverno, durmindo no fondo dunha cova no Monte Grande.
En realidade todo son suposicións, nadie nunca o puido comprobar.
O único que se sabe certo é que ás 12 da mañá de cada vinte e nove de febreiro entra en algunha casa, como entra? Pois tampouco está claro, aparécese sin máis.
Mide máis de dous metros e parece forte coma un touro, ten a pel da cara e das mans moi peludas, os ollos saltóns e a boca enorme, con unhos dentes moi grandes e amarelos. A súa roupa está sucia e cheira a terra húmida.
O curioso deste home lobo, a parte de que non se aparece nas noites de lúa chea, como fan o resto dos homes lobo, é que non pretende matar a nadie, tampouco parece querer dar medo. O único que quere é xogar ás cartas, concretamente quere xogar a brisca.
Se a familia da casa na que entra non quere xogar por calquera motivo, o home lobo estrésase e hai quen di que xa matou a varias persoas que non quixeron xogar. Ten moi mal perder, así que hai que deixalo gañar para que todo vaia ben. Sabe Deus que pasaría se chegara a perder!
Todo o mundo cree que ata que recorra tódalas casas da aldea, non deixará de vir xogar ás cartas cada vinte e nove de febreiro. Pero isto tampouco hai maneira de saber se será ou non será así.
Na miña casa aínda non entrou, así que cada catro anos esperámolo coas cartas enriba da mesa da cociña e co lume acendido, por se lle da por visitarnos, que nos atope preparados.