luns, 13 de novembro de 2017

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?



Manuel é un neno que vive en Ourense, nunha aldea pequeniña que se chama Froufe, na que el e mais súa irmá soen xogar comigo tódalas fins de semana. É un rapaz ao que lle gusta moito ir traballar co seu padriño cando non ten que estudar, gústalle o biscoito de chocolate, xogar á Play comigo, saír dar un paseo e no outono ir buscar cogomelos polo monte. De pequenos eramos adictos aos Playmobils, non había unha tarde na que non xogásemos. En definitiva, Manuel é un rapaz moi alegre e traballador.
Alba, curmá de Manuel.

A Manuel coñecino hai seis anos, cando comezou a vir a Cangas tódolos veráns. É un rapaz ao que lle encanta a pesca, tanto que nos temos levantado tres días seguidos ás sete da mañá para ir de pesca. Gústanos xogar ás cartas nun pequeno parque ao lado do noso edificio e ir xogar ao fútbol ao campo. Manuel é un rapaz moi divertido e non quero que se acabe a nosa amizade.
Gonzalo, amigo de Manuel.

Fonte da imaxe: roboticmodelgroup.blogspot.com

luns, 30 de outubro de 2017

ASÍ SON EU



Gústame.…

Gústame xogar ao brilé e ao baloncesto, o chocolate, a tarta de queixo da miña irmá, a pesca, a caza, os coches de rally, as motos, andar no tractor, saír cos amigos, ir traballar co meu padriño, estar cos meus avós, os gatos, o cantante Magno, ver a televisión, saír a pasear cos cans, andar en moto, axudarlle aos meus tíos, xogar as cartas coa xente da aldea, a natureza, a praia…



Non me gusta….

Non me gusta xogar ás bonecas, o tomate, a leituga, madrugar para ir ao colexio, as Matemáticas, os lugares onde ai moita xente, estudar, limpar, as plantas, a música clásica, os instrumentos, que faga moita calor, que chova moito, que a auga da ducha saia fría, as inxustizas, a cor rosa, os programas de cociña que saen na televisión, as galiñas, botar crema solar, escribir, as camisetas axustadas, ir a misa, ir de compras, as lentes de sol...