luns, 13 de novembro de 2017

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?



Manuel é un neno que vive en Ourense, nunha aldea pequeniña que se chama Froufe, na que el e mais súa irmá soen xogar comigo tódalas fins de semana. É un rapaz ao que lle gusta moito ir traballar co seu padriño cando non ten que estudar, gústalle o biscoito de chocolate, xogar á Play comigo, saír dar un paseo e no outono ir buscar cogomelos polo monte. De pequenos eramos adictos aos Playmobils, non había unha tarde na que non xogásemos. En definitiva, Manuel é un rapaz moi alegre e traballador.
Alba, curmá de Manuel.

A Manuel coñecino hai seis anos, cando comezou a vir a Cangas tódolos veráns. É un rapaz ao que lle encanta a pesca, tanto que nos temos levantado tres días seguidos ás sete da mañá para ir de pesca. Gústanos xogar ás cartas nun pequeno parque ao lado do noso edificio e ir xogar ao fútbol ao campo. Manuel é un rapaz moi divertido e non quero que se acabe a nosa amizade.
Gonzalo, amigo de Manuel.

Fonte da imaxe: roboticmodelgroup.blogspot.com